domingo, 5 de mayo de 2024

Enraízate no Agro. Os nosos proxectos

Este ano no CEIP Agro do Muíño achegamos a flora e fauna da nosa contorna ao noso alumnado. Puidemos curiosear, investigar, experimentar e sobre todo... APRENDER da bichería e da flora que nos rodea... 

Queres ver todo o que descubrimos? Bota un ollo!!




viernes, 3 de mayo de 2024

Itinerario lector. Os nosos proxectos

 Nesta páxina poderedes descubrir os traballos que realizou a nosa cativada dentro do itinerario lector no curso 2023-2024. Non volos perdades! Xa sabes:

Enraízate no Agro!









viernes, 26 de abril de 2024

Faladoiro nº10. As emocións e como xestionalas

 Esta semana visitounos Daniela, nai de Hugo Barreiro, para falarnos das emocións, de como recoñecelas e sobre todo de como podemos xestionalas no noso día a día. Foi unha actividade divertida e moi emotiva na que a rapazada reflexou os seus medos con debuxos, puxolle nome a esas cousiñas que sinten, bailamos e tamén mostramos aos demáis as boas emocións de moitas formas. Para rematar recibiron un bonito agasallo pola sua parte.

Moitísimas gracias Daniela pola tua implicación e por ser como eres!



martes, 23 de abril de 2024

Mercado da semana do día do libro

 Como iniciativa para a semana da libro dende Agrobiblio organizamos un mercado para darlle unha segunda vida aos libros que estamos expurgando da biblioteca. "Conto, conta, gato" é unha colaboración coas colonias de gatos de Bertamiráns para recaudar artículos para gatos a cambio de eses libros de expurgo... e xa vedes, a iniciativa foi todo un éxito! Temos Agrobiblio a rebentar!

Xa sabes: Enraízate no Agro!



lunes, 22 de abril de 2024

Faladoiro nº9. As células da sangue

Natalia, a nai de Lucía Arevalillo, é bióloga e traballa no laboratorio do CHUS. Explicounos un pouco en que consistía o seu traballo e trouxo a maqueta dunha arteria para explicar os distintos tipos de células que podemos atopar no sangue. Por último, trouxo mostras dos tipos de tubos, frascos e palomitas para facerlles unha pequena demostración.

Foi todo un éxito e aprendemos un montón sobre como funciona o noso corpo por dentro.



Conto conta gato

Que é "Conto, conta, gato"?

É un mercado de libros que organiza Agrobiblio onde o alumnado poderá trocar un libro de expurgo por un artículo para gatos que se donará ás colonias de gatunos de Bertamiráns.

Quédate a ver o vídeo e explicámosche polo miúdo!


Queres saber máis?

Aquí tes o noso tríptico explicativo.






lunes, 8 de abril de 2024

2 de abril. Día do conto infantil

Con este motivo e formando parte do seu plan de traballo, os nenos e nenas de 5° de infantil A, inventaron con Iván Rey, alumno en prácticas, este fermoso conto titulado: "A princesa e o coello que se fixeron amigos". Unha creación feita 100% por eles e elas!. Uns artistas! Desfrutade del.


Enraízate no Agro!




jueves, 21 de marzo de 2024

EduCando con Malibú

Malibú veu visitar ao alumnado de 2º,3º e 4º de primaria para ensinarlles a ser máis responsables, máis solidarios e ter un maior respecto hacia os animais. Malibú é unha cadeliña que foi abandoada e afortunadamente rescatada. Agora, vive feliz na Casa Grande de Xanceda e aproveita a súa experiencia para ir por diferentes coles a falar cos nenos e nenas e ensinarlles o coidado adecuado que precisan as nosas mascotas, a responsabilidade que require ter unha mascota na casa, o que debemos facer si atopamos un can abandoado, entre outras moitas cousas.

Foi unha experiencia moi interesante e desfrutamos un montón!




Entrevista ao alcalde de Ames, Blas García

O alumnado de 3° comezamos o noso proxecto sobre as institucións. Queríamos saber un pouco sobre o traballo do alcalde e pedirlle algúns consellos. Convidamos a Blas García Piñeiro a unha entrevista en agroonda e aceptou encantado.

Xa sabes enraízate no Agro!


miércoles, 20 de marzo de 2024

Faladoiro 8. O monstro, o rato e eu (acoso escolar)

 Estes días na clase de 2B tivemos a visita de Inmaculada, a nai de Hugo García. Contounos a historia "O monstruo, o rato e eu" para traballar a autoestima e o acoso. Foi moi interesante e a rapazada participou aportando moitas ideas. No remate recibiron un bonito agasallo pola sua parte. 

Moitas grazas Inma!!! Volve cando queiras.




lunes, 18 de marzo de 2024

A rapazada de 5ºA creou unha biblioteca de aula

Esta semana a rapazada de 5ºA creou unha biblioteca de aula e mirade que chula lles quedou ... e todo creado por eles e elas!

Enraízate no Agro!



martes, 12 de marzo de 2024

Escola de familias. Charla sobre deporte, familia e educación

 Estes días contamos na escola de familias, organizada pola ANPA, coa visita de Manuel Santos Nores que nos puxo ao día sobre: "Deporte, familia e educación". Gracias por vir!

Enraízate no Agro!