martes, 27 de febrero de 2018

ROSALÍA TAMÉN VIVE AQUÍ







EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES E UNÍNDONOS Á PROPOSTA DA A.E.L.G co lema da proposta #AbrideAFiestra,  fixemos un traballo en aula sobre a figura literaria e persoal de Rosalía, lemos poemas nas aulas, traballamos sobre o que a  súa figura representa para nós os amesáns e amesás, para os galegos e o recoñecemento que ten a nivel mundial. 

Logo cada alumno escribiu un poema nun soporte dado polo Concello de Ames  e ilustrouno.

 A idea é que todos os nenos/as o leven para a súa casa e que os poemas teñan luz, facelos visibles, pegándoos no interior dos vidros  nas fiestras e nos portais.